A ABE solicita ao Concello de Boiro a exención da taxa de terrazas para 2022

24 Setembro 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de realizar unha petición formal ao Concello de Boiro para que  prorrogue durante o ano 2022 a exención do cobro da taxa de instalación de terrazas. O argumento principal do requirimento é “a necesidade de apoio a un dos sectores mais afectados tanto pola pandemia como pola normativa actual anti-COVID”.

Neste sentido dende a ABE entenden que sería “unha medida de impulso á hostalería” que, xunto coas xa demandadas anteriormente pola patronal como a dotación dunha liña de axudas específica ou a posta en marcha dun sistema de incentivos por bonos, “poderían axudar á reactivación do sector”.

Así mesmo a ABE pide que se realice a xestión con celeridade para evitar problemas como o que “agora mesmo nos atopamos co cobro de 1 mes da taxa de 2021 por demora na tramitación” e que tamén se solicitou ao Concello que se devolva ou compense.

Cabe recordar que a ABE conta actualmente con 200 asociados dos que case un 20% (39) son do sector hostaleiro sendo un dos sectores con mais peso na entidade.

Daniel García, presidente da Asociación Boirense de Empresarios

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.