61 novos vehículos entregados aos axentes mediomabientais para facilitar as tarefas de protección e conservación da natureza

10 Setembro 2021
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participana entrega de novos vehículos a axentes medioambientais e vixilantes de recursos naturais.

A Xunta de Galicia fixo entrega hoxe dun total de 61 novos vehículos para facilitar as tarefas de protección e conservación do patrimonio natural aos axentes medioambientais e vixilantes de recursos naturais.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nun acto coas axentes e vixiantes de toda a Comunidade, repartiu os 15 todoterreos e 46 pick up, adquiridos en modalidade de renting grazas ao investimento de 1,92 millóns de euros.
Indicou que estes vehículos súmanse aos 81 xa entregados en 2019, e nos que se investiu case 2,4 millóns de euros e que continuará coa renovación do 100%; co fin de equipalos coas mellores ferramentas de traballo para garantir a conservación dos bens naturais de todos os galegos.
A conselleira destacou que con esta adquisición avánzase un paso máis na renovación do parque móbil da Consellería, pensado para estes efectivos que cada día se achegan á multitude de espazos naturais, para velar pola riqueza forestal, cinexética, piscícola e de flora e fauna.
Por último, afirmou que “ser traballador da Consellería e do departamento de Patrimonio Natural, concretamente, implica ter unha dobre sensibilidade e equilibrio”. Salientou que os axentes medioambientais “están no territorio”, en contacto coa xente facilitando información aos veciños; e por outro lado, “teñen que estar para facer cumprir as normas”,o que significa inspeccionar, vixiar, levantar actas e facer informes.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participana entrega de novos vehículos a axentes medioambientais e vixilantes de recursos naturais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...