Xa hai máis de 200 persoas inscritas para a cuarta Travesía a nado Illa de Bensa que se celebra este domingo

26 Agosto 2021

Este 25 de agosto presentouse no Consistorio de Boiro a cuarta edición da Travesía a nado Illa de Bensa, que se celebra este domingo en Carragueiros, con máis de 200 persoas inscritas para as distintas categorías. A proba vén da man do Club de Natación Boiro e conta coa colaboración do Concello.

Na presentación estiveron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o director técnico do club, Juan Carlos Brión; e representantes das principais empresas patrocinadoras, JEALSA e Clínica Dental Rebeca Ozores, Margarita Hermo e Rebeca Ozores.

As inscricións están abertas ata as 00.00 horas do xoves día 26 de agosto.

Segundo fixeron saber, a travesía vai mudar o seu formato con respecto a edicións previas, xa que este ano hai varias saídas para cumprir cos protocolos COVID-19. Así, as categorías élite e máster farán un percorrido de 3.000 metros; alevín, infantil e popular será de 1.200 metros e a de menores será de 200 metros. Por primeiro ano a travesía será inclusiva para persoas con mobilidade reducida para as categorías de 1.200 e 200 metros.

A primeira das saídas será as 10.30 horas e a entrega de premios será na praia ás 14.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...