A Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), informa de que no 31 de xullo comezou a brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais, a cal está composta por un capataz, un condutor e tres peóns. Entre os seus cometidos figura a limpeza e roza de camiños, parcelas municipais e rutas de sendeirismo “co obxectivo de reducir a masa forestal necesaria para evitar a propagación dos incendios”.
Tamén participarán como membros da campaña contra os incendios deste ano do Distrito Forestal IV-Barbanza.

A posta en marcha deste importante servizo anti-incendios abéirase á segunda addenda ao convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local para a participación na prevención e defensa contra os lumes forestais durante o 2019, co-financiado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, pola cal prorrógase a vixencia do dito convenio ata 31 de decembro de 2021, e na cal finánciase a contratación dunha brigada de 5 membros para a realización de tarefas de prevención, defensa e extinción de incendios forestais durante tres meses.
A contratación do persoal faise directamente dende o Concello, que tamén adquiriu no pasado ano diverso material destinado a reforzar a protección individual, así como ferramentas que faciliten o desenvolvemento das súas tarefas.



