Unha xornada máis a comarca estará baixo a influencia das altas presións e algo de aire frío en capas altas da atmosfera, fonte de inestabilidade. Con esta situación, agárdanse ceos con poucas nubes pola mañá, medrando nubes de evolución pola tarde. Brétemas costeiras no litoral atlántico, localmente persistentes. As temperaturas non terán cambios. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, agás no litoral norte onde soprarán moderados de compoñente leste.
Agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o sábado e o domingo.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:40 | 0.8 m |
| Preamar | 07:49 | 3.3 m |
| Baixamar | 13:54 | 0.9 m |
| Preamar | 20:07 | 3.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:32 | 0.9 m |
| Preamar | 07:42 | 3.3 m |
| Baixamar | 13:44 | 1.0 m |
| Preamar | 20:00 | 3.3 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:36 | 0.8 m |
| Preamar | 07:47 | 3.3 m |
| Baixamar | 13:49 | 0.9 m |
| Preamar | 20:04 | 3.3 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
PREVISION TEMPO PARA OS PRÓXIMOS 7 DIAS




