“Un experimento” – Manuel Domínguez

25 Agosto 2021

O meu amigo fixo un experimento e estes son os resultados, fai o mesmo e comparemos, de entrada ti que opinas.

Sentados á mesa meu amigo di, estou un pouquiño pasado de peso, debo de ir ao ximnasio, ao que os acompañantes contestan.

Se estás un chisco baste e iso pode traer consecuencias como a diabetes, colesterol, e iso debes de miralo pois é traizoeiro.

O meu amigo di, como me está branquexando o pelo, ao que outro response se o tes moi branco e ademais xa empezan síntomas de alopecia, non moito pero se che esta empezando e todo é empezar.

O meu amigo ensina unhas fotos, que non deixan lugar a discusión, son certamente fermosas, ao que un dos presentes engade, si, non están mal, pero ensina a máquina, vaites! Con esa máquina calquera as fai, canto che custou? Varios miles responde e engade preguntando, ti co coche de Alonso poderías ir a 300 por hora.

E así continúa a charla, mentres o meu amigo fala das súas supostas debilidades, todos parecen estar ledos e gozar.

Cando o meu amigo di que na Facultade, en Filosofía. quitou un notable alto, pregúntanlle que con que obxecto, se non vai ser filosofo.

Cando un di, para el é fácil na súa casa ten uns 4.000 libros, outro engade, a 20 euros, iso son uns 80.000 euros, moito diñeiro tirado, iso para os pobres e varias familias comían durante anos. Cando se mostra un vídeo dunha charla e todos os presentes apláudenlle a rabiar, alguén engade, ese día estaba a chover.

Cando o meu amigo vai á consellería, e aténdenlle sen cita, para falar dun tema que facilmente axudaría a moitos pacientes, e explica temas varios, un dos presentes di non está ben que un fale ben de si mesmo, ao que o meu amigo responde non falo de min, falo duns feitos reais que ocorreron en que eu fun o autor.

Acabada a charla uno achégase silandeiro e pregúntalle poderías interceder pola miña filla que está en situación precaria e necesita, bo, xa sabes.

Dá a sensación que cando un fala dos seus puntos febles ou supostas debilidades, algúns gozan co preve do mal alleo. Pero cando un di verdades, iso parece que fastidia, dinche que es narcisista, para logo solicitarche favores.

Fai ti a proba, desmerécete, e verás como os teus acompañantes gozan do evento, logo dá a coñecer os teus méritos, e comprobarás como ese día ou chovía ou facía unha calor sufocante, é curioso o tema, logo diranche se podes falar con etc.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.