Tres artistas ligadas á nosa comarca plasman na Casa do Mar de Corrubedo as súas saudades

06 Agosto 2021

Este venres 6 de agosto inaugurouse a mostra As cores de Corrubedo na Casa do Mar da dita vila mariñeira. Trátase dunha exposición colectiva que reflicte, de tres maneiras diversas, como afectou o confinamento (e a morriña xerada polo encerro) noutras tantas artistas vencelladas a Corrubedo. Son preto de corenta creacións de Ana Ingelmo, filla de corrubedáns nacida en Santander; Isa Penabal, santiaguesa afincada na Bretaña Francesa; e María José Salgueiro, corrubedá de nacemento e residente en Sevilla.

O acto inaugural desenvolveuse no mediodía deste venres, con participación da concelleira de Cultura María Sampedro e do presidente da comisión de festas Abdón Santos, responsábel da organización desta proposta cultural na que se exhiben diversas paraxes na actualidade como a praia do Prado (moi ligada ás dúas primeiras artistas devanditas), O Cantón, A Robeira ou A Robeiriña. Tamén se recrean fotografías antigas baixo a ollada de María José Salgueiro.

A mostra poder ser visitada ata o 22 de agosto a iniciativa da Comisión de Festas e a colaboración do Clube de Pensionistas e Xubilados de Corrubedo e o Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...