Stop Deshaucios Barbanza expón ante o presidente da Xunta a problemática da vivenda da nosa comarca e pide solucións

25 Agosto 2021

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de enviar unha misiva ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que lle recorda a necesidade de poñer en marcha medidas que rematen coa problemática da vivenda (ante todo un dereito básico) e coa existencia de milleiros de familias, na nosa terra, que se vén abocadas cada día a loitar contra os desaloxos, as ameazas de despexo, o prezo desorbitado de pisos e casas, a precariedade deste mercado ou a especulación. En concreto, a plataforma pon o foco nas vivendas e alugures sociais na Comunidade Autónoma, facendo fincapé na situación concreta das dúas beiras da ría de Arousa.

Segundo fai saber o colectivo social que coordina José Manuel Pena, “por desgraza existe unha necesidade habitacional para atender nos casos de desaloxos de familias vulnerábeis, por orde xudicial ou ben polos informes de Servizos Sociais municipais, nos momentos de desafiuzamentos por impagos de hipotecas ou impagos de alugueres”. E engaden na misiva: “Sempre estamos falando da vivenda habitual que a Constitución, no seu artigo 47, sinala como dereito e como unha garantía universal para todos os cidadáns, e que os poderes públicos teñen a obriga de preocuparse de dar unha solución ou ofrecer alternativas”. Na carta, a plataforma pon o foco no caso concreto da ría de Arousa, onde existen centos de vivendas baleiras en mans do Sareb ou de fondos de investimento privados, algunhas das cales levan anos sen ser ocupadas, “cando hai mancheas de familias en risco que teñen enormes dificultades para afrontar os pagos mensuais nas súas hipotecas ou rendas de aluguer”.

A plataforma opina que “cando unha familia vulnerábel se enfronta a un procedemento de despexo, a Xunta ten a obriga legalmente establecida de garantir unha alternativa habitacional”. Porén, laméntanse de que isto non se cumpre con regularidade ante a falta de vivendas.

E engaden: “Cando nunha familia hai menores, ameázase ás familias de que poderían intervir os servizos de protección ao menor por existir riscos de desamparo e mesmo adóptanse medidas cautelares que case sempre terminan en sacar aos rapaces do núcleo familiar cando en realidade sería moito mellor atender a foda a familia de maneira inclusiva, por beneficio dos propios menores”.

Segundo Stop Deshaucios, cómpre que o Goberno galego adopte unha serie de medidas urxentes: “A curto prazo habería que negociar, coa Sareb e con algúns fondos de investimento, para a cesión temporal de vivendas baleiras de face a crear alugueres sociais para garantir o dereito á vivenda. A medio prazo, cómpre construír máis vivendas públicas, en terreos municipais, que serían gratamente cedidos polos propios Concellos. Tamén temos que recoñecer que o bono social é un método importante para poder paliar a algunhas familias a súa precaria situación habitacional”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...