Sabela King & The Heartbreakers actúan o 27 en Rianxo

11 Agosto 2021

O vindeiro venres 27 de agosto, ás 22.00 horas, a banda Sabela King & The Heartbreakers actuarán no exterior do CEIP Castelao (Rianxo) dentro do programa Música na noite e da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.

Con máis de douscentos concertos por toda a xeografía galega, Sabela King & The Heartbreakers apostan por mesturar composicións propias e versións moi persoais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau. Esta proposta é a que veñen de materializar no seu primeiro traballo discográfico, gravado en directo. O disco está gravado en directo. Sabela King canta e toca o ukelele, Benjamín Vázquez toca as guitarras e Ramón Figueira “Figui” as harmónicas. Xuntos forma unha das bandas galegas (teñen a súa base en Compostela) máis punteiras do panorama estatal e internacional do blues, o country e o soul.

O concerto vén con aforo limitado. Para a reserva de localidades, cómpre visitar a web municipal e facelo dende alí, antes das 12.00 h do mércores 25 de agosto. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. ​​​​​​

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.