Rilo e Penadique regresan a Boiro o 25 de agosto con As do mare

As narradoras Vero Rilo e Sonsoles Penadique (Rilo & Penadique) seguen o seu periplo pola nosa comarca, logo de ter achegado os seus contos de lavandeiras en espazos singulares de Ribeira, Boiro ou Dodro, entre outros concellos da contorna. Agora regresan a Boiro cun novo menú de narracións e música e un novo cargamento de historias recuperadas dun patrimonio que nunca se esgota e que cómpre reivindicar: a sabedoría popular, máis concretamente a sabedoría que foron achegando as mulleres ao longo da nosa historia nos lugares onde desenvolvían o seu traballo cotián.

En Boiro, no Lavadoiro de Bao, Rilo e Penadique ofrecerán o espectáculo As do mare. Será o 25 de agosto ás 12.00 horas. Con capacidade limitada, cómpre ir reservando entradas na web municipal, www.boiro.gal. Trátase dun espectáctulo para público familiar.