Ribeira reforzará con cinco peóns o mantemento e limpeza de vías e áreas verdes

O Concello de Ribeira informa de que vai reforzar a brigada municipal de mantemento, mellora e limpeza de vías e áreas verdes coa contratación temporal de cinco peóns entre as persoas en situación ou risco de exclusión social que sexan perceptoras da renda de integración de Galicia (Risga).
Neste senso, vense de lanzar a conseguinte convocatoria, segundo a cal as solicitudes débense presentar no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de 3 días hábiles, que se contará desde o día seguinte a aquel en que sexa avisado por parte do Concello de que o/a candidato/a figura na relación enviada polo Servizo Público de Emprego.
A contratación realizarase a tempo parcial (75% da xornada) e terá unha duración de 9 meses.
Máis información: https://www.ribeira.gal/tabl%C3%B3n-de-anuncios/-
/asset_publisher/e68fDEVIe6E7/content/id/130870