Ribeira 10 millóns para a primeira residencia do novo modelo de coidados que se implantará en Galicia. O presidente Feijóo visitou o Museo do Gravado de Artes

04 Agosto 2021

FEIJÓO DESTACA O LABOR CONSERVADOR E DIVULGATIVO DOS MUSEOS E A SÚA POTENCIALIDADE NO MARCO DO TURISMO SEGURO

Avanza que Ribeira acollerá nun proxecto piloto a primeira residencia do novo modelo de coidados que se implantará en Galicia

Visita do Presidente de Galicia o Museo do Gravado de Artes-Ribeira

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía o labor conservador e divulgativo dos museos e a súa potencialidade no marco do turismo.
Durante a súa visita ao Museo do Gravado en Ribeira, o titular do Goberno galego salientou os máis de 36 millóns de euros de investimento da Xunta durante 2021 e 2022 en apoios aos museos galegos. Galicia é consciente, dixo, da gran relevancia dos museos como preservadores do noso patrimonio material histórico e da súa actividade en prol da divulgación.

Neste sentido, Feijóo cualificou o Museo do Gravado como un “verdadeiro dinamizador cultural” no que se pode contemplar unha colección de estampas que supera os 40.000 rexistros de máis de 400 artistas, que abrangue 7 séculos de historia con incunables do século XVI e que conta cunha recentemente ampliada Biblioteca Ilustrada con máis de 6.000 exemplares en máis de 30 idiomas

Declaracións do Presidente Feijóo sobre o Museo do Gravado de Artes

Primeira residencia do novo modelo de coidados
O presidente da Xunta aproveitou a súa visita a Ribeira para avanzar que este concello acollerá, nun proxecto piloto, a primeira residencia do novo modelo de coidados que se implantará en Galicia. Este proxecto, que contará cun orzamento duns 10 millóns de euros, será financiado con fondos europeos.
Ao fío disto, Feijóo salientou que con esta decisión a Xunta volve explicitar o seu compromiso co rural, “que é onde viven a maior parte dos nosos maiores”, abundou.
Así mesmo, concretou que a nova residencia de Ribeira contará cun máximo de 100 prazas e unha estrutura adaptada ao novo modelo, máis centrada na persoa, accesible e con maior intimidade grazas ás habitacións individuais e os baños adaptados.
“O centro de Ribeira será pioneiro no novo modelo”, dixo, ao tempo que engadiu que “as residencias do futuro serán máis acolledoras, máis funcionais, con maior capacidade para sentirse nun fogar e moito máis accesibles”.

Finalmente, o titular do Goberno galego concluíu sinalando que o novo modelo contará con tres piares básicos: apostar pola tecnoloxía e poñela ao servizo da calidade de vida dos usuarios; explorar medidas estruturais e arquitectónicas para optimizar, desde o realismo e eficacia, os servizos de atención; e avanzar na imprescindible coordinación entre o eido social e sanitario.

Declaracións do Presidente Feijóo na visita o Museo do Gravado de Artes en Ribeira no que anuncia a primeira residencia do novo modelo de coidados

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.