Remata a formación no manexo de carretilla do programa boirense de empregabilidade para mulleres

O Concello de Boiro informou do remate, esta semana, do Curso para o Manexo de Carretilla impartido no Cento de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira no marco do Programa Integrado de Emprego 2020/2021 do Concello de Boiro. Na formación, de 30 horas de duración, participaron 13 mulleres que adquiriron coñecementos teóricos e prácticos.

Con esta formación, as persoas participantes adquiriron coñecementos sobre os diversos elementos que forman a carretilla elevadora, a súa manutención, os seus riscos e as medidas preventivas que son inherentes ao seu emprego cotián, así como os coñecementos necesarios para o transporte de cargas e descarga de materiais en condicións de seguridade.

O curso desenvolveuse segundo a normativa UNE 58451, sendo fundamentalmente práctico.

O Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Boiro, está dirixido exclusivamente a mulleres e combina a formación online e presencial, fomentando a conciliación familiar e laboral das participantes. Está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.