PistaCatro celebrará en Boiro a súa Gran Gala do Circo

16 Agosto 2021

Este venres 20 de agosto toca desfrutar do novo circo en Boiro, concretamente nas escaleiras do Parque da Cachada a partir das 21.30 horas. Alí teremos unha cita coa Gran Gala do Circo, un espectáculo de variedades (circo e music-hall) da agrupación PistaCatro para todos os públicos.

O aforo será limitado, por mor das medidas anti-COVID. Podemos reservar entradas a través da páxina web municipal, www.boiro.gal, dende dous días antes da función.

A Gran Gala do Circo de PistaCatro é, en palabras dos integrantes da agrupación, “a flor e nata” das expresións artísticas circenses, unha compilación dos maiores éxitos do grupo e dos mellores momentos de cada artista reunidos nun só volume. Haberá contidos propios do circo e do music-hall pero tamén números de malabares, de cancións, sketchs de humor, monólogos, acrobacias e mesmo pasos de claqué, entre outros. Ofrécese así ó público “un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.