“Os tripulantes do pesqueiro Cobija, con síntomas de desnutrición”. Antón Luaces

25 Agosto 2021

Febre, vómitos, cansazo e malestar xeralizado son os síntomas que evidencian os estragos que están a causar entre os 32 tripulantes “secuestrados” (segundo o capitán) a bordo do pesqueiro somalí “Cobija” desde vai para un ano no porto de Al Mukalla (Iemen do Sur). Son mariñeiros peruanos, senegaleses, namibios e indonesios. O capitán do buque é o galego de Bueu (Pontevedra) Pablo Costas Villar, que malvive no barco ao igual que os seus compañeiros. Só zafou desta grave situación o primeiro oficial, Andrei Ilin, ruso, evacuado pola diplomacia do seu país após deixar o pesqueiro e subir a un petroleiro que navegaba polo golfo de Adén. Aquí fixeron a xestión diante do consulado do seu país e este dispuxo de todo o necesario para sacalo do Iemen. Os demáis siguen a bordo compartindo espazo coas ratas e as deposicións destas , posiblemente con menos capacidade de sobrevivencia ca elas por careceren dos alimentos necesarios e a auga salubre indispensable dende van xa oito días. 
Cansos e con falta de peso agardan sen esperanzas. No caso do capitán español, polo que se considera desleixo do Goberno de España para solucionar o problema que afecta a un cidadán galego ao que as autoridades pesqueiras australianas acusan de practicar pesca ilegal, non declarada e non regulamentada. Por esta acusación xa fora xulgado e condenado a tres meses de retención a bordo do barco ao seu mando, mais en pleno periodo de cumprimento da sanción, o fiscal dun tribunal superior de Hadramauth (rexión na que se atopa o porto de Al Mukalla) presentou un recurso que aínda está por resolver e que obriga a Pablo Costas a falar de “secuestro”, calificación que tamén empregan en Galicia membros da súa familia e da Central Unitaria de Traballadores porque non atopan outra figura que dea conta do que, en realidade, está a pasar nun país que leva en guerra varios anos e nun buque teóricamente adquirido por unha sociedade armadora de Somalia que se desentende absolutamente do barco e a tripulación deste.

Todo ese procedemento xudicial aberto é a escusa utilizada polo Ministerio español de Asuntos Exteriores para xustificar a non repatriación do mariñeiro español.

O xuizo de Pablo Costas Villar está pendente da resolución do recurso presentado polo fiscal contra a sentenza inicialmente dictada. Tres embaixadas (as de Riad-Arabia Saudí, O Cairo-Exipto e Mascate-Orán) son as supostamente encargadas de informar do estado no que se atopa o expedente de Costas Villar, pero nada se move, nada se xustifica, nada se clarexa. Só se pode saber que a acusación de pesca ilegal que pesa sobre esta mariñeiro galego impide, oficialmente,  a súa repatriación, algo que non afectou ao primeiro oficial ruso do mesmo buque. Unha repatriación que por enésima vez solicitan a familia de Costas e o sindicato CUT, amáis do concello e veciñanza de Bueu, mentres que a conselleira do Mar da Xunta de Galicia coida que o Goberno debe estar a facer todo o que pode para atender ao mariñeiro de Bueu, afectado por un problema de pesca ilegal que o capitán nega e no que a casa armadora, Precision Shipping Services, para nada entra.

A petición da familia do capitán para que interveña neste asunto o Valedor del Pueblo non ten resposta. Tampouco a petición formulada polo sindicato Centra Unitaria de Trabajadores de Colombia. Todo é un deixarse ir e que se espalle o sentimento de que non hai nada que facer porque a pesca ilegal semella ter máis peso que o que corresponde a un cidadáns español inmerso nun proceso do que ninguén pode adiantar como vai sair. 

Sen entrar en comparanzas coa actuación das autoridades rusas a respecto de seu nacional Andrei Ilin (agora no seu domicilio a escasos quilómetros de distanza de San Petersburgo, desde onde mantén esporádicos contactos cos seus compañeiros de tripulación no”Cobija”) son moitos os mariñeiros galegos que se preguntan si a situación que afecta a Pablo Costas Villar sería posible de se tratar dun  capitán basco ou catalán retido  ìgual ca el nun vello candrai boliviano  pragado de ratas, sen auga potable nen víveres, e cos representantes políticos destas dúas autonomías esixindo solucións para un cidadán de Euskadi ou Catalunya. Sería todo igual, verdadeiramente, ou é que o peso deses dous gobernos autonómicos é superior ao da Xunta de Galicia?.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...