Os monstros no Camiño de Santiago de Teatro Ghazafelhos, este mércores en Porto do Son

04 Agosto 2021

Este mércores 4 de agosto, ao abeiro do programa Cultura no Camiño, chega a Porto do Son a compañía Teatro Ghazafelhos para representar o seu espectáculo Monstros no Camiño. A cita é ás 12.00 horas na praza de España.

Monstros no Camiño é un obra de teatro cómico para público familiar (maiores de cinco anos) que xirar arredo das vivencias tres investigadores de Europa do leste que logo de viaxar polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais, fan un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non… Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos…

O elenco está formado por Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho. A obra está escrita e dirixida por Pepablo Patinho.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...