O Polígono de Espiñeira mellorará pavimento, sinalización e servizos peonís e de recollida do lixo

03 Agosto 2021

Este luns 2 de agosto, o Polígono de Espiñeira (Boiro), recibiu a visita do conselleiro de Economía, Francisco Conde, que foi acompañado, tal e como sinalamos dende O Barbanza, polo alcalde José Ramón Romero, o tenente de alcalde Luis Ruiz e representantes do tecido empresarial local. Durante a estadía de Conde no parque empresarial, fíxose fincapé nos traballos que ten previsto realizar o Concello para mellorar o complexo industrial e os seus servizos, traballos que contarán co co-financiamento da Consellería de Economía.

O Polígono Industrial de Espiñeira obtivo dúas axudas, por un importe superior a 183.000 euros, enmarcadas dentro da liña de axudas posta en marcha pola Administración autonómica para impulsar proxectos de acondicionamento de infraestruturas. Con estas actuacións, que se atopan en fase de licitación, vaise levar a cabo unha mellora do pavimento no vial de entrada, o pintado das marcas viarias en toda a Fase I, a execución de beirarrúas nun tramo da Fase II que carece delas e a actualización da sinaléctica do Polígono coa información das empresas.

Coa segunda liña de axudas recibida polo Concello de Boiro vanse instalar no polígono un total de 12 puntos de reciclaxe para recollida selectiva de lixo. Estas actuacións responden á intención dos gobernos local e autonómico de impulsar o Polígono Industrial de Espiñeira para que siga medrando e xerando emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...