O pleno de Ribeira aproba unha emenda de substitución do PSOE pola que se pide o cumprimento dos acordos plenarios. O resto da oposición plantan o pleno no que pedían a reprobación do alcalde

18 Agosto 2021

O Pleno de Ribeira aproba unha emenda de substitución dos socialistas pola que se pide o alcalde o cumprimento áxil de tódolos acordos plenarios. Pola súa banda BNG, PBBI e Suma plantan o alcalde no pleno no que pedían a súa reprobación.

Pleno extraordinario de Ribeira

Os socialistas presentaron unha emenda de substitución no pleno que foi aprobada cos votos de PSOE e PP, no que se insta ao alcalde ribeirense ao cumprimento áxil de tódolos acordos plenarios. Pídese que o pleno municipal inste á Deputación da Coruña a estudar a reforma no trazado da estrada DP-7301, coas melloras que os técnicos consideren oportunas, consultando aos posibles afectados, á comunidade escolar, a Patrimonio, etc.; e, de ser factible que se faga o oportuno proxecto de obra, para que a súa execución sexa o máis rápido posible. Instar a Xunta de Galicia a manter un diálogo coa veciñanza afectada polo trazado proposto pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A emenda de substitución feita polos socialistas, cambiaba unha petición realizada o pasado mes de xullo de reprobación asinada por BNG, PBBI e Suma Ribeira e da que se descolgou o Partido Socialista, quen presentou unha emenda á moción dos grupos que querían reprobar a Ruiz polo “incumprimento” dos acordos plenarios sobre a construción dunha circunvalación no municipio da comarca do Barbanza.

O voceiro municipal socialista presentado a emenda de substitución

Os tres grupos solicitantes decidiron non acudir á sesión, celebrada no mediodía deste mércores, ao considerar que se trataba de “un pleno fraudulento” e un “esperpento democrático” por ser convocado con carácter de urxencia e coa obrigatoriedade de ser presencial.

Ao comezo da sesión, o rexedor xustificou a convocatoria pola vía de urxencia do pleno por tratarse de “un mes inhábil” e para “respectar a vontade” dos tres grupos solicitantes, polo que, segundo o alcalde, decidiu fixar a data antes do día 20, data na que expiraba o prazo para a súa convocatoria.

Respecto a a presencialidade, Ruiz apuntou a mellora na situación epidemiolóxica do municipio e que o fin da celebración telemática dos plenos xa fora avanzada nos últimos meses.

A continuación, o alcalde manifestou que lle parecería “case un insulto” que os asinantes da moción non acudisen á sesión, á vez que afeou ás formacións que querían a súa reprobación que se dirixiron “a el durante as últimas semanas.

“Sinto que non estean aquí. Deséxolles felices vacacións e que usen crema bronceadora”, espetou Ruiz tras cualificar a actitude dos grupos da oposición como “política da mala”.

Alcalde Manuel Ruíz no pleno extraordinario


Pola súa banda, PBBI, BNG e Suma Ribeira censuraron a convocatoria deste pleno “dun día para outro” o que, segundo manifestaron este mércores, “imposibilitou” a participación “real e efectiva” de “boa parte” dos membros da corporación ribeirense.

As críticas, ademais da o alcalde e ao seu partido, o PP; tamén as dirixiron cara ao PSOE, formación á que acusan de dar as costas á plataforma de veciños “afectados” polo proxecto de circunvalación ao participar en “o pleno da vergoña” xunto aos populares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...