O ocio nocturno trasládase das discotecas aos parques

12 Agosto 2021

Pedro Pérez.- O sector da hostalería e do ocio nocturno está a ser os máis castigados pola pandemia da COVID-19. Peches desde o comezo do virus, sendo sempre a primeira opción para levar a cabo restricións por parte do Goberno para tentar frear os contaxios, provocando unha situación de inestabilidade económica nunca antes vista na historia do sector, pero, ¿obtivéronse os resultados esperados? Iso xa é outra cousa.
O certo é que co peche destes locais, en moitos casos si se chegaron a reducir os positivos na comarca, pero co paso do tempo o asunto foi cambiando. A sociedade, como con todo, cando lle prohiben facer algo, reinvéntase para non deixar de facer algo que eles creen que teñen dereito a elo. Así, cos peches dos bares nos inicios, e sobre todo co ocio nocturno, a xente buscou novas alternativas para seguir saíndo e desfrutando dun pracer que ata o de agora podían permitirse.
Cos últimos rexistros de casos de COVID-19, a hostalería pode manter abertos os locais ata a 1 da mañá, nalgúns casos ata as 2, mais tamén se prohibía acceder a interiores sen certificado de vacinación, PCR ou antíxenos previo ou certificado de ter pasada a enfermidade, unha lei que se tombou hoxe no Tribunal Supremo de Galicia. O ocio nocturno pola súa parte tamén só se pode manter aberto ata a 1 da mañá, reducindo así o seu horario de apertura en tres, catro horas. A xente segue acudindo a estes lugares, locais nos que os traballadores actúan de vixiantes para que se cumpran as normas anti-COVID-19, feito que fora deles non ocorre.
O problema vén cando a hostalería e ocio nocturno baixan a rexa e pechan os locais chegada a hora, a onde vai a xente, marcha para a casa? A resposta en moitos casos é negativa. As festas en locais con vixianza para controlar que todos os cidadáns respecten as normas trasládanse aos parques e pisos de particulares, onde alí seguen coa noite. Esta situación xera un foco de contaxios moi grande, algo que non ocorre na hostalería e ocio nocturno polo anteriormente citado. Entón, de verdade vale a pena pechar os locais que, aparte da policía, son os únicos lugares nos que existen vixiantes para respectar as restricións? É un tema que xera un gran debate, mais o que non cabe dúbida é que o sector hostaleiro está sendo moi criticando, inxustamente, durante toda a pandemia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...