O hospital da Barbanza disporá de novos equipos de ecografía

02 Agosto 2021

A Xunta de Galicia vén de publicar, na plataforma de contratos públicos de Galicia a licitación da subministración de 48 ecógrafos con destino aos Servizos de Radiodiagnóstico de diversos centros sanitarios do Sergas. Este contrato licítase por un importe total de 5,6 millóns de euros, e as empresas interesadas poden presentar ofertas ata o día 17 de agosto.

O obxectivo desta compra é dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación, xa que a necesidade de realización de estudos ecográficos óptimos e de precisión nas distintas patoloxías ten un papel importante no seu prognóstico e seguimento.

Con esta contratación renovaranse os ecógrafos de diversos centros sanitarios nas sete áreas sanitarias do Sergas. En concreto, na área de Ferrol, no Arquitecto Marcide; na área da Coruña e Cee, no Hospital Universitario da Coruña, no Materno-Infantil e no Centro de Especialidades do Ventorrilo; en Santiago e Barbanza no Hospital Clínico, no Gil Casares e no Hospital da Barbanza; en Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, no Hula; en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no Hospital Cristal, no Santa María Nai e no Hospital de Valdeorras; en Pontevedra e O Salnés, no Montecelo e no Provincial e, en Vigo, no Álvaro Cunqueiro, o Meixoeiro e o Nicolás Peña.

O equipamento obxecto deste expediente de contratación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19. 60 millóns para equipamento sanitarioA Xunta de Galicia continúa a desenvolver, coa adquisición destes equipamentos, o Plan de renovación e modernización do equipamento sanitario previsto para 2021, co que acometer as renovacións integrais dos bloques cirúrxicos e dos equipamentos de alta tecnoloxía para o diagnóstico. Para este plan, os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia destinan, no presente ano, un presuposto de 60 millóns de euros. Froito dese plan xa se acometeron neste ano outras dúas licitacións: un investimento de 4,3 millóns para a adquisición de 37 equipos radiocirúrxicos (tres deles radiocirúrxicos vasculares) para os hospitais do Sergas e a adquisición de sete sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci para todas as áreas sanitarias. 

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...