O festival Rap en Noia encherá de talento xuvenil o Skate Park de Labarta

A concelleira de Xuventude de Noia, Laura Salgado, participou este mércores 18 de agosto na presentación dun certame para promover e reivindicar o talento local en materia de creatividade xuvenil e urbana. Trátase da iniciativa Rap en Noia, que incluirá unha serie de concertos deste estilo musical a celebrar o vindeiro venres 27 de agosto, en horario de 20:00h a 23:00h, no Skate Park de Labarta.

Contarase neste escenario coa presenza de Akasaba, Choko Krisppy e MLK, acompañados do DJ Kompa.
Para asistir so é necesario solicitar o convite a través do correo electrónico eventosconcellonoia@gmail.com, indicando nome completo, DNI e o número de invitacións (máximo 4 por correo electrónico).
Haberá control de aforo e cumpriranse todas as medidas de seguridade fronte á COVID.