O director Ignacio Vilar estará este Boiro este domingo na proxección do seu filme Sicixia

20 Agosto 2021

A Concellería de Cultura de Boiro vai deparar a cidadáns e visitantes a proxección do filme Sicixia, que inclúe un encontro directo co seu director, o galego Ignacio Vilar. Será este domingo 22 de agosto, na praza da Terceira Idade de Boiro. A actividade pertence a un roteiro cinematográfico Cine na rúa, que inclúe as proxeccións dalgúns dos filmes da nosa terra máis relevantes dos últimos anos.

Sicixia é unha longametraxe galega de ficción dirixida en 2016 por Ignacio Vilar en plena Costa da Morte, seguindo as pescudas, a xeito de caderno de viaxes, dun documentalista sonoro interpretado por Monti Castiñeiras e a súa guía Olalla (a quen dá vida Marta Lado), que traballa na recolleita de argazo e que terá o poder para transmitir ao protagonista o amor polas impresionantes e fermosas paraxes dos concellos da dita comarca coruñesa.

Na presentación do filme participará a concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto co director, Ignacio Vilar. Un encontro que, tras a proxección rematará cun coloquio arredor do tema Vivir do mar. A proxección deste filme dentro deste roteiro está apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do II fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022.

Para cumprir con todos os protocolos e restricións sanitarias, a capacidade para a proxección é limitada e deberanse seguir todas as medidas de prevención. A reserva de entradas está dispoñíbel en www.boiro.gal.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.