O Concello recoñece os éxitos das categorías inferiores do Boiro Voleibol

24 Agosto 2021

O Concello de Boiro celebrou este luns 23 de agosto a recepción oficial das categorías inferiores do equipo local de voleibol, como recoñecemento dos bos resultados acadados nos Campionatos de España celebrados en cada unha das categorías. No acto estiveron o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, os adestradores do club Adrián Alves e Fernando Castaño e representantes das principais empresas patrocinadoras, JEALSA e Rotogal: Margarita Hermo e Jorge Fajardo.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, fixo entrega dunha distinción ao equipo infantil do Boiro Voleibol polo 10º posto acadado no Campionato de España celebrado no mes de xuño Soria. O representante de Rotogal, Jorge Fajardo, fixo entrega da distinción a equipo cadete, actual campión galego e 5º de España na proba celebrada en Castellón no mes de xuño.

O alcalde, José Ramón Romero, e a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, fixeron entrega dun agasallo individual a cada un dos membros do equipo e tamén unha placa que conmemora ao equipo xuvenil, actual campión galego e tamén de España, no campionato celebrado en Boiro no mes de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...