O Concello de Son achegará atención e formación a mulleres discapacitadas

10 Agosto 2021

O Concello de Porto do Son vai desenvolver esta tempada un servizo de atención personalizada e especializada para mulleres con discapacidade. Será entre os días 11 de agosto e 13 de outubro, no local social da vila.

Forma parte do programa Enrédate (terceira edición) e inclúe servizos de atención persoal e especializada para mulleres con diversidades cognitivas ou motrices e vulnerábeis, sesións individuais e grupais e formación en empoderamento, habilidades sociais, manexo e uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), autoconcepto e autoestima, intelixencia emocional, prevención da violencia contra as mulleres e discapacidade. Promove a área de Benestar e Igualdade de Porto do Son.

O programa Enrédate, co-financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo, proporciona unha atención personalizada e especializada ás mulleres con discapacidade residentes en núcleos de baixa densidade de poboación das provincias de A Coruña e Pontevedra. A iniciativa, gratuíta, ten como meta “a emancipación, tamén, da muller rural e con discapacidade potenciando as súas capacidades para poder desenvolver unha vida máis autónoma e independente”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.