“O clima, un aliado para a prevención de incendios na comarca” – Pedro Pérez

19 Agosto 2021

Galicia sempre se caracterizou por ser unha terra con gran riqueza vexetal, así como por un clima suave. Isto último é un dos aspectos que máis se cuestionan, sobre todo coa chegada do verán. Grandes paraísos marítimos, espectaculares praias e paseos fluviais que non se poden desfrutar por mor do denominado “mal tempo”. Mais co cambio climático, e o ascenso de temperaturas que se deu en anteriores temporadas estivais, a terra galega, e tamén a comarca do Barbanza, viviu unha serie de incendios que queimaron e terminaron con toda esta riqueza natural.

Recordadas son as vagas de incendios do 2006, con máis de cen lumes cada día, onde os equipos de extinción tiveron grandes problemas para apagalos, algo ao que se lle uniu a falta de limpeza dos montes. As altas temperaturas foron a principal causa de que os incendios, moitos provocados tamén polo ser humano, fosen máis habituais e difíciles de extinguir. Sen embargo, este ano, excepto estas dúas últimas semanas, a comarca rexistrou algunhas das temperaturas medias máis baixas dos últimos veráns, ademais de rexistrar múltiples xornadas con precipitacións. Unha situación que provoca que ata o de agora, salvo casos excepcionais, os incendios non teñan peso nesta temporada estival.

Sen embargo, estas condicións climatolóxicas, con altas taxas de humidade, provocan o crecemento da maleza nos montes, especialmente en retamas e toxos, un problema que este ano se está a solucionar de maneira inmediata coas labores de prevención de incendios, levando a cabo limpezas destas zonas que en caso de lume poden ser moi perigosas. Por todo isto, polos profesionais que se encargan de manter en orde todo para prever incendios, así como particulares que se preocupan porque este sexa así, pero sobre todo ao clima galego, ao da nosa terra, que ás veces o castigamos e criticamos indebidamente, debemos dar as grazas.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.