O BNG da Pobra do Caramiñal alerta das consecuencias da supresión do profesorado no IES, que perde catro docentes

02 Agosto 2021

06O BNG da Pobra do Caramiñal solidarizouse co profesorado e a ANPA do IES da Pobra do Caramiñal, que vén de ser notificado por parte da Xunta de Galiza da supresión de catro docentes para o vindeiro curso 2020-2021. Nunha rolda de prensa na que estiveron presentes a deputada Rosana Pérez, a concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, profesorado e membros da ANPA do centro, deuse conta da situación e das graves consecuencias que implica para a comunidade educativa.
A deputada Rosana Pérez explicou que o IES Nº1 “viña ofertando ensinanzas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e vén de quedar con 49 docentes dos 53 cos que contaba no curso 2019-20 e dos 54 dos que dispuxeron no 2020-21 e ao que agora vén de impoñérselle unha redución de 4 persoas, deixando o seu cadro de persoal por debaixo do existente no curso anterior á pandemia sen haber, a falta dos datos de setembro, redución significativa de matrícula que o xustifique”.
Para Pérez, esta merma “vai significar aumentar a ratio de alumnado en todos os niveis e dun xeito escandaloso no caso de 1º de ESO. Nomeadamente, das 4 aulas existentes de entre 15 e 18 alumnos/as, quedarán 3, de entre 29-30 persoas o que, claramente, as converte en ingobernábeis. Unha masificación que non só pode aumentar a conflitividade, senón tamén empeorar os resultados académicos e incrementar o fracaso escolar, e que se vai ver agravada pola impartición de distintas materias por profesorado non especialista nelas e pola carencia de aulas coa suficiente capacidade para acoller tal número de alumnos e alumnas. Outra das negativas consecuencias vai ser a redución da optatividade. Nada menos que dezasete materias menos se ofertarían como optativas para o vindeiro curso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.