O Barbanza, presente en tódalas categorías do fútbol galego

21 Agosto 2021

Estas datas nas que estamos agora significan a volta ao traballo para moitos clubes de fútbol da Barbanza. O ano pasado, coa COVID-19, só foron uns poucos os privilexiados de poder competir nas súas respectivas ligas, mais este ano, salvo última hora, tódolos equipos da zona saíran a competir. Deste xeito, ao Puebla, Noia e CD Boiro, que xa
xogaron o ano pasado, únenselle os clubss pertencentes a toda a comarca.
Deste xeito, o Barbanza terá representación en tódalas categorías do fútbol galego, desde a Terceira División ata a Terceira Autonómica. O Noia CF, que xa confeccionou o seu cadro con numerosas fichaxes, será o club que represente ao Barbanza na máxima categoría de Galicia, tentando desta vez manterse e consolidarse así como un pobo fixo na Terceira Galega. Na Preferente Galicia o Puebla CF e o CD Boiro competirán por facerse un oco na parte alta da táboa, sobre todo os de Barraña, a quen na última xornada do ano pasado se lles escapou o ascenso. Pola súa parte, os pobrenses tentarán repetir a boa campaña realizada antes da COVID-19, onde marchaban cerca dos postos que daban acceso á promoción de ascenso.
O Cidade de Ribeira arrancará, por fin, este ano co seu proxecto, e farao na Primeira Autonómica, unha categoría que se prevé moi disputada. Os ribeirenses contan cun equipo que mestura rapaces moi mozos con xogadores máis experimentados, buscando así unha sintonía que lles permita competir con garantías este curso. O Unión Asados tamén competirá nesta categoría, e xa comezou a pretempada, co obxectivo de chegar no mellor estado de forma posible ao inicio de liga en outubro. O Taragoña tamén saltará a competir este ano na Primeira Galicia, logo de acadar o ascenso o ano da COVID-19.
Na Segunda e Terceira Autonómica son numerosos os equipos que representarán á zona. SD Valiño, Queiruga e Lesende sitúanse como favoritos para facerse co título, ou olo menos, competir por el na Segunda Galicia. CD Artes, que está pendente da súa fusión co Carreira, Spórting Lampón, Abanqueiro, Xuventude Aguiño e Cidade de Ribeira “B” loitarán por non pasar apuros no tramo final de liga. Por último, na Terceira Autonómica, o Porto do Son e o Atlético Oleiros os claros favoritos a facerse co ascenso á seguinte categoría.

A comarca do Barbanza e, sobre todo os seus veciños, voltarán a desfrutar do fútbol modesto, tan típico e solicitado na zona. As fins de semana volverán a contar cos grandes eventos que tanto se botan de menos, e as gradas teñiranse das cores dos equipos da zona. Volve o fútbol, e con el o sorriso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...