O alumnado do obradoiro de emprego O Pote II de Ribeira recibe unha clase maxistral dos chefs de CONGALSA

23 Agosto 2021

O alumnado do programa de emprego O Pote II, promovido polo Concello de Ribeira e centrado na formación da mocidade local en materia gastronómico-hostaleira, contou este luns 23 de agosto coa visita dos chefs do departamento de Investigación e Desenvolvemento (I+D) da empresa pobrense CONGALSA.

No marco do obradoiro, subvencionado pola Xunta (Consellería de Economía) e co-financiado pola iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo, os profesionais da compañía alimentaria da Pobra do Caramiñal achegaron unha clase maxistral (masterclass) na que mostraron o proceso de cociñado e empratado de diversos produtos preelaborados da súa marca da hostalería Ibercook Food Service.

En concreto, os chefs prepararon e emprataron bocareus en escabeche; mini-rolos de primavera con salsa thai; hot dog de rabas con queixo e concasse de tomate; bao de chipirón con cebola caramelizada e maionesa crítica e culleriñas de bacallau en tempura con espuma de piquillo, aire de limón e triscante de queixo.

A acción enmárcase no programa de emprego e dá resposta á necesidade de achegar a formación e o mundo laboral ao alumnado do obradoiro, ao que tempo que se difunde o potencial de empresas punteiras do sector alimentario como é o caso de CONGALSA.

O alumnado participante no programa está a se formar no certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña e operacións básicas de pastelaría.

Estes programas de emprego van dirixidos á mellora da ocupación, cualificación e inserción profesional das persoas inscritas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...