O agosto noiés enfiará a súa recta final con A Banda do Verán, Tanxugueiras, Andrea Pousa, Coti e Budiño

13 Agosto 2021

A Concellería de Cultura de Noia compartiu a súa axenda de concertos para a recta final de agosto, unha programación que se ben destaca pola súa diversidade, tamén salienta por poñer o foco na música da nosa terra, reivindicándoa como base común na que que reatoparnos e, tamén, como fórmula de recuperación ante as adversidades que vimos de superar. Na axenda o Concello tamén indica como solicitar as entradas para cada unha das actividades previstas.

➡️ MUSICAL FAMILIAR A Casa do Terror do Grupo A Banda do Verán
23 agosto – ás 21:30 – na Praza do Tapal
Enviar correo a programacionconcellodenoia@gmail.com solicitando entradas para o musical
Indica nome, DNI e teléfono no correo
4 convites por persoa

➡️ CONCERTO Tanxugueiras
24 agosto – Dous pases: ás 21:00 e ás 23:00- na Praza do Tapal
Enviar correo a culturaconcellodenoia@gmail.com solicitando entradas para o concerto de Tanxugueiras
Indica o pase ao que desexas ir no correo, ás 21:00 ou ás 23:00
Indica nome, DNI e teléfono no correo
4 convites por persoa

➡️ CONCERTO Andrea Pousa
25 agosto – ás 21:30 – na Praza do Tapal
Enviar correo a culturaconcellodenoia@gmail.com solicitando entradas para o concerto de Andrea Pousa
Indica nome, DNI e teléfono no correo
4 invitacións por persoa

➡️ CONCERTO Coti
26 agosto – ás 21:30 – na Praza do Tapal
Enviar correo a culturaconcellodenoia@gmail.com solicitando entradas para o concerto de Coti
Indica nome, DNI e teléfono no correo
4 convites por persoa

➡️CONCERTO Budiño
27 agosto – ás 21:30 – na Praza do Tapal
Enviar correo a programacionconcellodenoia@gmail.com solicitando entradas para o concerto de Budiño
Indica nome, DNI e teléfono no correo
4 invitacións por persoa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.