Novo número da edición impresa de Código Cero, a nosa revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.


Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á tecnoloxía en tempos de verán, aos avances na 5G e ao novo supercomputador do CESGA, o Finisterrae III. Tamén abordamos os seguintes temas:
— Nace a cátedra ITG-CITIC en Tecnoloxías de Aeronaves non Tripuladas
— Comeza a perfilarse a Noite da Enxeñaría en Informática do CPEIG
— AGASOL e AMTEGA van de xira polos concellos galegos co programa Girl STEAM
— Avanza o uso da Internet e dos servizos de e-Administración en Galicia
— Premio Rosalía de Castro para Twitter en Galego
— Concellos contra a COVID e a prol da dixitalización
— Chega da manda da Asociación Extramundi o libro con realidade virtual Paradoxo
— Microsoft colabora co CITIUS na confluencia entre intelixencia artificial e medicina
— Política Lingüística pon no Portal da Lingua o primeiro dicionario galego-ruso