Miñones comprométese en Boiro a impulsar máis superficie industrial e máis banda larga

12 Agosto 2021

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou na mañá deste 12 de agosto o concello de Boiro, onde puido coñecer de primeira man algúns dos máis destacados proxectos do Goberno local en materia de sustentabilidade e equipamentos. Por exemplo os proxectos de substitución do alumeado en diferentes emprazamentos municipais (incluído o Pavillón da Cachada) por luminarias sustentábeis e eficientes, iniciativa que foi desenvolvida con financiamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Na súa visita Miñones estivo acompañado do alcalde, José Ramón Romero, o tenente de alcalde, Luis Ruiz, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo. Miñones prometeu máis Internet de alta velocidade a través do Plan estatal de Banda Larga (que beneficia este ano a 800 vivendas, que soben deste xeito ao carro das novas telecomunicacións) e máis e mellores esforzos para ampliar a superficie industrial (cousa que foi solicitada polo rexedor durante a súa estadía deste 12 de agosto en Boiro). Neste último punto, o delegado comprometeuse a dar traslado das necesidades de ampliar o Polígono á xerente do Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, co obxectivo de activar os trámites.

O delegado do Goberno situou a dinamización do rural e o reto demográfico como prioridades que comparten o Executivo e o Concello de Boiro: “O municipalismo é unha das nosas prioridades, como tamén o son a promoción socioeconómica do rural e o desafío da poboación, tres asuntos nos que coincidimos co Goberno local de Boiro”, afirmou José Miñones.

No Pavillón Polideportivo da Cachada, José Miñones e José Ramón Romero recordaron que as instalacións recibiron unha achega do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, para cambiar o seu alumeado e dar importantes pasos adiante en materia de eficiencia enerxética. En total foron 267.501,72 euros para varios proxectos do Concello relacionados coa transformación dos alumeados exteriores en zonas rurais e os existentes en pavillóns como o da Cachada.

O delegado do Goberno destacou tamén que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital ten en marcha o Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración, do que en Boiro hai 800 vivendas beneficiarias do servizo de Internet de alta velocidade en 2021, e que vén de aprobar un novo investimento para este plan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...