Melloran as capturas de polbo no primeiro mes de campaña

07 Agosto 2021
Comisión de seguimento do plan de xestión do polbo

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, presidiu esta semana a comisión de seguimento do plan de xestión do polbo na que a Xunta e o sector constataron a mellora das capturas no primeiro mes de campaña en relación co ano pasado e a abundancia de xuvenís no mar, unha boa mostra da situación biolóxica da especie.
Os datos analizados no encontro mostran que as descargas deste cefalópodo no pasado mes de xullo roldaron os 180.000 quilos, unha cifra que está por enriba da media da serie histórica para este mes -que se remonta á campaña 2003/2004- e multiplican por máis de seis as rexistradas no mesmo período do ano pasado.
A evolución da facturación das lonxas galegas pola venda deste produto tamén é boa pois superou os 1,6 millóns de euros o pasado xullo, unha cifra moi superior á media histórica – de pouco máis dun millón de euros- e que case multiplica por sete os 235.000 euros acadados en xullo do ano pasado. Esta suba nos ingresos dos centros de primeira venda galegos por esta especie debeuse en boa medida ao incremento do seu prezo medio, que acadou os 9,22 euros o quilo, o segundo mellor da serie histórica, só superado polos case 10,6 euros rexistrados en xullo de 2018.
A Consellería do Mar e os representantes do sector pesqueiro tamén constataron durante a xuntanza a existencia de abundancia de exemplares xuvenís no mar, de acordo coas capturas que realiza a frota artesanal galega, o que debería garantir o desenvolvemento sustentable da pesqueira nos vindeiros meses.
A Xunta realiza un seguimento constante da situación do polbo e os datos obtidos agora veñen a ratificar os recollidos a finais da campaña pasada, cando se albiscaba unha mellora no estado da especie tanto polo volume de capturas como polo recrutamento de xuvenís. Non obstante, para protexer o estado do recurso e favorecer a súa recuperación,
a Xunta e o sector acordaron fixar este ano unha veda de dous meses, máis longa que en exercicios anteriores.
A campaña do polbo de 2020-2021 foi anómala e debe terse en conta que a evolución do polbo adoita ser cíclica. Nela, ademais da actividade pesqueira, inflúen outros factores como os medioambientais e os climatolóxicos, que poden provocar descensos puntuais nas capturas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...