Galicia rexistra un total de 16.106 casos activos por coronavirus. Este mércores son chamadas 800 persoas para vacinarse no Barbanza

11 Agosto 2021

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.106 deles 4.579 son da área da Coruña, 1.758 da de Lugo, 1.176 da de Ourense, 1.907 da de Pontevedra, 3.967 da área de Vigo, 1.710 da de Santiago–Barbanza e 1.009 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 275 en unidades de hospitalización e 15.778 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 148.914 persoas curadas, rexistrándose 2.499 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.635.801.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.685.055.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Mentres continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, con máis de 4.700 persoas citadas mañá no Hospital de Barbanza: 800 (1dose de pfizer/ 20 a 29 anos e autocita dos nacidos entre os anos 2000 é 2005, ademais de repescas Janssen), na Cidade da Cultura: 3.800 (1dose de pfizer/ 20 a 29 anos e autocita dos nacidos entre os anos 2000 é 2005 e no Hospital Clínico: 130 (repescas Janssen).

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.