Este sábado a escritora sonense Patricia Torrado presenta na súa terra a novela Don Carlos e o misterio dos lucecús

05 Agosto 2021

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este sábado 7 de agosto a presentación do libro para público infantil Don Carlos e o misterio dos lucecús (Baía Edicións), da escritora, xornalista e museóloga local Patricia Torrado Queiruga.

A cita será ás 20.00 horas, e contará coa presenza da autora, que estará acompañada polo concelleiro de Cultura, Juan Pouso, do escritor Manuel Mariño e pola directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que se encargarán de realizar un achegamento crítico a esta obra dirixida ao público infantil.

Argumento (Baía Edicións)

Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicábeis e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas.

Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentrañar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas que vos levarán a valorar o lugar no que vivides, o medio ambiente, as tradicións, o amor e os prexuízos cos que podemos atoparnos todos os días. Acompáñasnos?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.