Este domingo celébrase a segunda edición da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

25 Agosto 2021

Este domingo 29 de agosto celébrase na nosa comarca unha das grandes citas deportivas da tempada: a décimo segunda edición da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal, a cal organiza a Administración local, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo. Ao acto de presentación (este 25 de agosto) asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Ana Romero, e o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure.

As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo coma non federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Este evento deportivo dará comezo ás 10.45 horas e as categorías de competición irán dende a sub-8 ata a máster. Segundo informaron, as saídas efectuaranse dende a contorna da Casa Mariñeira, no lado de beiramar, de dez en dez atletas en intervalos de 20 segundos, e a meta situarase no interior da praza Alcalde Segundo Durán, lugar onde se procederá coa entrega de premios a partir das 13.30 horas. Outorgaranse trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categoría, premios en metálico e agasallos ós/ás cinco primeiros/as clasificados/as da xeral, e camiseta técnica para os/as participantes na proba absoluta.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.emesports.es. O prazo ficará aberto ata as 14.00 horas deste 26 de agosto e estímase unha participación de arredor de 600 persoas.

Esta carreira pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo. Contarase coa colaboración da Protección Civil e será de obrigado cumprimento en todo o momento o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO.

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.