Esta fin de semana celébrase a XXV edición da Regata Cruceiro – Hotel Galatea

18 Agosto 2021

O Concello de Boiro colabora, un ano máis, coa celebración da Regata Cruceiro – Hotel Galatea que chega á súa XXV edición, a novena que se celebra en augas locais. A competición, organizada polo Club Náutico de Portonovo, a Real Federación Galega de Vela e a Fundación Galega para o Deporte coa colaboración do Club Náutico de Barraña, celébrase esta fin de semana na ría de Arousa.

Van participar entre os 20 e 25 barcos, repartidos en cinco clases e categorías, que son Open, ORC grupo 1, ORC grupo 2, ORC A 2 e solitarios. A regata consta de dous tramos costeiros, saíndo de Portonovo o sábado pola mañá e chegando a Boiro o sábado pola tarde e, o segundo tramo sairá desta localidade o domingo a mediodía a chegará a Portonovo pola tarde. A principal novidade deste ano é que a regata recala por primeira vez no Náutico de Barraña.

Na presentación, que se realizou este 18 de agosto, estiveron o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e os presidentes dos dous náuticos, Javier Ruiz de Cortázar Díaz, do Club Náutico de Portonovo, e Antonio Oriois, do Club Náutico de Barraña. As preinscricións aínda están abertas e para facela é preciso remitir a documentación necesaria ao enderezo electrónico regatas@nauticoportonovo.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...