En Ribeira unha persoa tivo que ser excarcerada e trasladada despois de producirse un choque entre un turismo e un camión

Unha persoa necesitou ser liberada polos equipos de emerxencia logo de sufrir un accidente entre un turismo e un camión, en Ribeira.

O 112 Galicia recibiu a chamada da Policía Local, a poucos minutos das dúas e media da madrugada, para informar dunha colisión entre un coche e un camión no lugar da Ponte, en Artes. Ademais, indicaban que eran precisos medios para excarcerar a unha persoa que estaba atrapada.

Deste xeito, os xestores do CIAE-112 Galicia déronlle aviso aos Bombeiros da localidade, ao persoal sanitario e á Garda Civil de Tráfico. Ademais, por se fose preciso dar apoio no lugar, tamén se lle notificou o accidente aos Bombeiros do parque de Boiro.

Finalmente, os Bombeiros de Ribeira confirmáronlle ao 112 que excarceraron a unha persoa que tivo que ser trasladada, polo 061, ao Hospital do Barbanza.