Sesenta cativos dos campamentos de conciliación de Ribeira visitaron o Consistorio

11 Agosto 2021

O Consistorio de Ribeira acolleu este 11 de agosto unha das actividades dos campamentos adscritos aos Bonos Concilia CampaRibeira Verán que promove a Concellería de Cultura –o organizado por Golfiño. En concreto, sesenta nenas e nenos que están a participar nun destes campamentos tiveron ocasión de coñecer o servizo cotián que se desenvolve dende a Casa Consistorial.

Os pequenos foron recibidos en diversas quendas polo alcalde Manuel Ruiz, quen lles explicou como é o día a día no Concello e os servizos que dende alí se fan para atender á cidadanía.

A actividade está enmarcada na programación mensual organizada por Golfiño para dar a coñecer aos menores a cidade e o municipio. Xa visitaron a lonxa de Aguiño, a Sala Museo Municipal, o periurbano de San Roque, o GAEM ou a Policía Local, así como diversas prazas e rúas do casco urbano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.