En Rianxo “NOITES FOLC – CONCERTO DE ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO”

08 Agosto 2021


OSCAR IBÁÑEZ é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, que ten como resultado un novo e único son.
Na súa traxectoria como solista publicou os discos ALÉN DO MAR (VIR, 2012) e AIRES DE PONTEVEDRA (Inquedanzas Sonoras, 2017) alén doutros traballos de investigación como os libros-CD “Os Montes de Lugo” (Ouvirmos, 2007), “O Quinteto Monterrey” (Dos Acordes, 2009) ou “Xoán Tilve Gaiteiro de Campañó” (aCentral Folque, 2015). A gran calidade da súa banda de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO foi recoñecida en máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis
importantes como: Festival Intercéltico de Lorient (Lorient, Bretaña); Festival Capodanno Céltico (Milán, Italia); Festival Internacional da Máscara Ibérica (Lisboa, Portugal) ou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, Galicia), entre outros.
Para este concerto a banda OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO estará integrada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Carlos Calviño (Roi Casal), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Carlos Castro (Fía na Roca), batería e percusión. No concerto colaboran ademais Pepe Romero, Jorge Maño, Adrián García, Álvaro Puga e Gloria Cespón (Banda de Gaitas Suevia), Daniel García e Álvaro Rúa (Banda de Gaitas Nova Era) e a xilofonista Carla Villanueva.


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...