En Rianxo Raiba presenta novo formato este sábado no festival Antrospinos

04 Agosto 2021

A banda RAIBA, formada no 2009, presenta este sábado o seu novo formato que agora pasa de 4 a 3 compoñentes. RAIBA adaptou todos os seus temas e será no FESTIVAL ANTROSPINOS onde por vez primeira se poida ver o novo show da banda.Este é un importante paso na evolución de RAIBA, cunha nova aposta sonora eescénica que é o preludio do seguinte paso que pretende dar a banda e no que os sons electrónicos terán un papel máis predominante.

A actuación terá lugar este sábado 7 de agosto no Festival Antrospinos, Taragoña (Rianxo), no que xa están esgotadas as entradas.

RAIBA é revolta sonora. Acción musical que chama ao canto colectivo. Rock alternativo en evolución permanente. Un mar de retrousos que animan a cambiar o mundo.

Banda RAIBA

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.