En Outes recoñecemento ás promesas do deporte local

29 Agosto 2021

Hai uns días tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Outes o “Recoñecemento Deportivo” aos rapaces e rapazas campións galegos en distintas modalidades deportivas. O acto foi presentado polo Concelleiro de Deportes, Daniel Rodríguez, e contou coa intervención do alcalde de Outes, Manuel González. Foron convidados, ademais dos deportistas, os seus familiares, amigos, adestradores e demais representantes da corporación municipal.

O Concelleiro de Deportes destacou a importancia do recoñecemento non só ao éxito acadado, senón tamén ao esforzo e sacrificio para acadar ese logro. Pola súa parte, o alcalde de Outes, fixo fincapé na necesidade da práctica deportiva para inculcar valores coma o compañeirismo, o traballo en equipo ou a solidariedade. Os deportistas homenaxeados foron; Sara Caamaño Caamaño (campioa galega sub-12 de lanzamento de peso); Valeria Martí Caamaño(campioa galega de remos -scull catro); Antía Caamaño Canto (campioa galega de taekwondo – poomsae por parellas); Daniel Abeijón Priegue (campión galego de taekwondo alevín individual e por parella); Adrián Abeijón Priegue (campión galego de taekwondo en combate junior -55kg); María Antelo Domínguez (campioa de taekwondo galega junior en combate); Uxía Antelo Domínguez (campioa galega de taekwondo en combate cadete)

Todos eles foron agasallados con varios detalles para conmemorar este recoñecemento.

De esquerda a dereita; Daniel Rodríguez Gándara(Concelleiro de Deportes), Valeria Martí Caamaño, Uxía Antelo Domínguez, Sara Caamaño Caamaño, Antía Caamaño Canto, María Antelo Domínguez, Daniel Abeijón Priegue, Adrián Abeijón Priegue, Manuel González López (alcalde de Outes)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...