En Escarabote un home de 67 anos perdeu a vida ao caer nunhas rochas

19 Agosto 2021

Un home faleceu, esta tarde, tras caer nunhas rochas do peirao de Escarabote, no concello coruñés de Boiro.

Foi un particular quen, pasadas as seis da tarde, informaba ao 112 Galicia de que un home esvarara e caera neste lugar.

O home, de 67 anos de idade, vivía nas proximidades da zona portuaria e era frecuente que estacionase alí o seu vehículo. A. F. P. era natural de Escarabote, pero durante moitos anos viviu na zona da Coruña, ata que fai algo máis dun ano volveu instalarse na súa localidade natal.

De xeito inmediato, desde o CIAE 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 que, xa no punto, solicitaban apoio para evacuar á persoa e, ademais, sinalaban que non reaccionaba. Así, ata a zona acudiron tamén os Bombeiros de Boiro, a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil do concello.

Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...