En Boiro o Concello habilita unha vintena de prazas de estacionamento na avenida de Barraña

11 Agosto 2021

O Concello de Boiro, na liña de mellorar a mobilidade no municipio e achegar oportunidades cómodas de estacionamento para a veciñanza das parroquias que se despraza até o centro urbano, habilitou novas prazas de aparcamento na avenida de Barraña. Son unha vintena de prazas a carón da praia de Barraña.

Estes novos espazos para estacionar súmanse aos que se habilitaron ao longo deste ano na zona norte da avenida da Constitución, á apertura do aparcamento de A Boqueira de A Negral e á creación dun servizo análogo na praza da Mancomunidade.

O Concello de Boiro ten como obxectivo “favorecer o acceso ao núcleo urbano e ofrecer as máximas facilidades aos veciños e veciñas das parroquias e outros municipios que se desprazan ao núcleo urbano e potenciar así o comercio e a hostalaría locais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.