Na tarde deste martes faleceu unha persoa no centro urbano de Boiro. Trátase dun home de 70 anos, que padecía unha enfermidade. O suceso acontece na rúa Severo Ochoa cando o home desplomouse no chan.
Ata o lugar acudiron efectivos da Policía Local, do 061 e de Protección Civil de Boiro. Os axentes e o persoal sanitario tentaron reanimar ao boirense durante 30 minutos sen resultado. Sobre as 22.00 horas tivo lugar o levantamento do cadáver.




