En Boiro concertos e monólogos protagonizan o ciclo “A Orixe”

13 Agosto 2021

O Concello de Boiro colabora na organización do ciclo de actuacións A Orixe, que promove A Pousada da Galicia Imaxinaria con concertos e monólogos, que se van desenvolver durante o mes de agosto. Todas as actividades son con capacidade limitada e reserva previa de entradas.
Algúns dos espectáculos tiveron que reprogramarse e, a maior parte concéntranse agora nesta fin de semana baixo o nome do ciclo A Orixe. O primeiro dos espectáculos, un concerto de El Twanguero, tivo lugar na rúa peonil á altura da Pousada.
O sábado día 14 haberá dúas actuacións da praza de A Boqueira de A Negral, a primeira delas o monólogo de Xosé A. Touriñan ás 20.00 horas e, ás 22.00 horas, concerto de Ángel Stanich Band. As entradas para os dous espectáculos poden comprarse a través da web de Ataquilla ou de xeito presencial en Baldani e na Pousada.
O domingo continúan as actuacións na praza da Boqueira de A Negral.
Ás 19.00 horas será o concerto de María Yfeu, que será gratuíto e con reserva previa de entradas a través do formulario web que se vai habilitar a través das redes sociais. Ás 20.30 horas, monólogo de Luis Piedrahita, venta de entradas
xa dispoñible en Ataquilla ou de xeito presencial en Baldani e na Pousada.
O ciclo remata o sábado 28 de agosto cun concerto de Los Secretos, que será ás 21.00 horas na praza de A Boqueira de A Negral. Compra de entradas xa dispoñible a través da plataforma Teutiket ou de maneira presencial en Baldani e a Pousada.
Toda a información sobre os concertos e actividades do ciclo na páxina de Facebook da Pousada da Galicia Imaxinaria.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.