En Boiro comezan as obras de mellora da seguridade viaria e accesibilidade na contorna do centros de ensino da avenida de Compostela

05 Agosto 2021

O Concello de Boiro inicia a execución das obras para a mellora da seguridade viaria e accesibilidade na contorna dos centros públicos de ensino da avenida de Compostela. A actuación, dun importe de 50.087,49 euros, levase a cabo mediante o financiamento da Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único Concellos (POS 2020). O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, María Outeiral, visitaron o lugar das actuacións para coñecer o estado de execución.
A obra que se vai realizar discorre polo casco urbano de Boiro e, con ela, preténdese dotar de maior seguridade a unha zona moi sensible da Avenida de Compostela na que, en apenas 200 metros, se concentran os accesos a dous centros públicos de ensino de primaria e un de secundaria e bacharelato. A proximidade dos mesmos fai que, nas horas puntas de entrada e saída das aulas, se concentre unha afluencia de máis dun milleiro de escolares, vehículos particulares e transporte público.
A actuación, que comezou a executarse nestes días, pretende xerar un espazo de máxima seguridade viaria, limitando a 30 quilómetros por hora a velocidade da vía e con beirarrúas totalmente accesibles e con percorridos seguros para os centos de ensino. A obra contempla a reparación das beirarrúas actuais, que contan con grandes deficiencias e numerosas barreiras arquitectónicas, por unhas de pavimento continuo e totalmente accesibles que garantan a seguridade nas entradas dos centros de ensino.
Os traballos contemplan a execución de pasos de peóns elevados que permitan un paso sen obstáculos para persoas con mobilidade reducida e que sirvan como elementos redutores da velocidade. Para aumentar a seguridade
viaria vaise reforzar a sinalización do chan e vanse instalar tamén redutores de velocidade. Para rematar, vaise realizar unha renovación das luminarias, eliminando aquelas que están obsoletas e instalando unhas de maior altura con máis rendemento lumínico.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.