Dous novos falecidos elevan a 2.483 as vítimas pola Covid-19 en Galicia. O país rexistra 18.643 casos activos

05 Agosto 2021

O número de vítimas mortais ligadas á pandemia de Covid en Galicia ascendeu este xoves a 2.483, tras notificar as autoridades sanitarias dous novos falecementos este xoves.

A Consellería de Sanidade informou do falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.
Unha delas faleceu o mércores, día 4. Trátase dun home de 93 anos, e produciuse no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

A outra morte, unha muller de 90 anos, rexistrouse na xornada deste xoves, en concreto no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. En ambos os casos, presentaban patoloxías previas.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.643 deles 4.297 son da área da Coruña, 2.171 da de Lugo, 1.596 da de Ourense, 2.662 da de Pontevedra, 4.623 da área de Vigo, 2.214 da de Santiago e 1.080 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 250 en unidades de hospitalización e 18.341 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 141.036 persoas curadas, rexistrándose 2.481 falecementos.  O número de PCR realizadas é de 2.596.454. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.579.863.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.