O domingo será unha xornada de transición e con ventos do sudoeste. Polo tanto, o ceo estará parcialmente cuberto nas provincias de A Coruña e Pontevedra sen descartar precipitacións febles no terzo norte. No leste e sur de Galicia teremos alternancia de nubes e claros en xeral. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas experimentarán lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste en xeral con intervalos moderados entre a Costa da Morte e Estaca de Bares.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:53 | 3.3 m |
| Baixamar | 10:51 | 0.9 m |
| Preamar | 17:05 | 3.6 m |
| Baixamar | 23:23 | 0.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:43 | 3.3 m |
| Baixamar | 10:42 | 0.9 m |
| Preamar | 16:57 | 3.6 m |
| Baixamar | 23:13 | 0.8 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:49 | 3.3 m |
| Baixamar | 10:47 | 0.9 m |
| Preamar | 17:02 | 3.6 m |
| Baixamar | 23:18 | 0.7 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



