Dezaséis mozos e mozas inician o obradoiro de emprego “Serra do Barbanza” compartido por O Son e Ribeira

12 Agosto 2021

Doce mozos e catro mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos acaban de iniciar a súa andadura no obradoiro de emprego Serra do Barbanza: unha iniciativa compartida polos municipios de Ribeira e Porto do Son
na que o alumnado formarase durante doce meses nas especialidades de pavimentación e albanelaría de urbanización ao tempo que reciben un salario.
O acto de apertura tivo lugar no Centro Cultural Lustres Rivas e contou coa participación dos alcaldes Luis Oujo e Manuel Ruiz (tamén dos concelleiros Manel Deán e Ramón Doval). Ambos significaron a oportunidade de inserción no mundo laboral que supón este obradoiro, e ademais nun sector con gran demanda de emprego Así mesmo, os traballos que levarán a cabo durante a súa aprendizaxe repercutirán en beneficio da comunidade en ambos concellos. Neste senso, Ruiz Rivas manifestou que está previsto a través do obradoiro a construción de beirarrúas na contorna do
colexio Pé do Corniño en Carreira, actuar na rúa Alexandre Bóveda e, se chegan os permisos necesarios, intervir tamén en Salmón (Oleiros).
Pola súa parte, Luis Oujo avanzou que se traballará en eliminar barreras arquitectónicas para favorecer a accesibilidade, en sintonía cun compromiso que o Concello ten con Cogami.
O director do obradoiro, Juan Manuel Pazos, incidiu na gran demanda existente neste sector.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

Incendio no estaleiro de ribeira na Barquiña no concello de Outes

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira xunto Ges de Noia e Garda Civil intervimos en incendio de Asteleiro de Ribeira na Barquiña no Concello de Outes. Ao redor das 02:37 horas rexistrouse un incendio...

+

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira) Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....