Detido en Noia un home de 32 anos de idade por un presunto delito de violencia de xénero


Como informamos en “obarbanza.gal” axentes da unidade de USECI da Garda Civil con sede na Coruña, detiveron este venres a un home de 32 anos de idade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras unha denuncia por unha suposta agresión á súa parella sentimental.

A detención produciuse á primeira hora da tarde nun domicilio na rúa Labarta de Noia a onde se desprazáron efectivos do Instituto Armado tras recibir unha denuncia por un suposto episodio de violencia de xénero.
Fontes da benemérita explicaron que o home, que se atopaba só no piso, negouse a atender os requirimentos dos axentes e “atrincheirouse” no seu domicilio, polo que foi necesario mobilizar efectivos de reforzo.

Finalmente, o sospeitoso, que ten denuncias previas por agresión e ameazas, “recapacitou” e accedeu a entregarse.

Momento da detención do denunciado